martes, 24 de abril de 2012

Conto reciclado

Cuento Reciclado de poemas

A viaxe de Petroliño. Conto con materiais reciclados.

Conto reciclado
View more presentations from Aniitabp.

Ana Bóo Pérez
Pablo Fernandez-Castro Cal
Pablo Fernandez-Castro Cal

CONTO RECICLADO




Yasmina Conde Nóvoa

lunes, 2 de abril de 2012

Foto denuncia

Este é o aspecto que presentan os contenedores de lixo na vila de Untes. Por non pagar un contenedor específico para os cascallos das obras os veciños deixanos no contenedor de lixo orgánico... A onde chegará todo isto?Unha pena...

Andrea Darrosa López

jueves, 29 de marzo de 2012

residentes incivicos


Esta foto foi tomada o dia 27/3/2012. Neste caso non tiven que ir moi lonxe para atopar una agresion ao medio que nos rodea, de feito non tiven nin que sair do meu cuarto. O que aparece na imaxen é basura, si basura que alguns incivicos residentes, por pura vagancia botan os seus residuos pola fiestra simplemente por non baixala a os contenedores que temos na porta da residencia. este xesto provoca gran malestar, xa que as formigas atopam estes residuos e na sua busqueda de mais alimento entran nos cuartos. Tamen provoca unha evidente contaminacion ambiental e esta claro que non e moi hixenico... Os responsables da residencia xa tomaron cartas no asunto, xa mandaron cartas informativas sobre a gravedade deste feito é ameaxzan con por camaras de vixilancia si o problema persiste. esperemos que non teñan que chegar a ese punto. E triste que por pura vagancia ocurran este tipo de cosas que ademais prexudicanos a todos.

Pablo Fernandez-Castro Cal

¿Por que resulta tan difícil tirar os nosos residuos nos contenedores correspondentes?

A fotografía que se pode ver neste post foi tomada o día 28 de marzo, nun dos pequenos céspedes ao lado do Edificio Facultades. Poida que pensemos que se tratan dun pequeno envoltorio de plástico e que no perxudica ao medio ambiente, pero si que o fai: está feito dun material derivado do petróleo, o cal é nocivo para a natureza, que forma parte de onde vivimos. Aínda que só sexa un envoltorio, se cada un de nós fixéramos o mesmo, serían miles de envoltorios; a pregunta que fago é: ¿gustaríanos atopar a nosa casa chea de envoltorios por todas partes? Claramente, a resposta é non, e o mesmo deberiamos de sentir cara a natureza. ¿Tan difícil resulta verter a basura nos contenedores apropiados para iso? Eu penso que non, que só é cuestión de concienciarse de que é un xesto a favor da natureza.

Diego González Blanco

O cotián non significa que estea ben

Esta foto foi sacada o 15 de marzo de este ano, no barrio da Ponte, cando ía camiño da Universidade. Igual ca ésta, hai moitísimos casos pola cidade. Pero as pintadas son algo moi habitual e a xente non lle da importancia. A verdade é que isto é tamén contaminación visual, xa que modifica a estética da zona e transmite unha imaxe de tristeza e sucidade. Non hai tanto tempo que se construiu este pequeno espazo cos bancos e a mesa, e as poucas semanas de rematalo xa tiña algunas pintadas na mesa. Isto faime pensar que as accións e os comportamentos das persoas teñen moito que ver coa educación que se recibe. Os profesores poden, e deben, mediante a educación ambiental nas aulas, concienciar e facer reflexionar aos alumnos, de forma que no futuro verán mal esta clase de cousas e tampouco as farán.

                                                                                            Yasmina Conde Nóvoa

martes, 27 de marzo de 2012

Os animais e os recursos


Vídeo realizado por Pablo Fernández-Castro Cal, Ángel García Martínez e Diego González Blanco

Noticia sobre o esgotamento e destrución de recursos

Ángel García Martínez

Decrecemento


As palabras de Carlos Taibo son realmente acertadas para pensar no que está pasando no mundo, no que estamos facendo, maioritariamente, os nosos gobernantes, xa que nós, en moitas, senón todas, decisións importantes non podemos participar.
Houbo dúas anécdotas que me gustaron moito: a primeira é a do pescador que traballaba pouco e gozaba co que tiña, e a segunda é a dos misioneiros que se atoparon cunha tribo que se dedicaba a cortar leña. Estas dúas anécdotas podemos resumilas nunha frase: non é máis feliz o que máis ten, senón o que menos precisa.
Unha frase que comentou, e pode ser unha especie de resumo, é a seguinte: podemos vivir mellor con menos. Aínda que temos dúas causas que nos axudan a non pensar niso: a publicidade e a caducidade. A primeira invita a adquirir bens que a maioría das veces non necesitamos, e a segunda fai que eses bens deixen de servir nun período de tempo, facendo así que teñamos que conseguir uns novos.
Tamén me gustaría comentar una frase que dixo: a pobreza ten secuelas favorables, en termos saudábeis. Non dunha maneira consciente, porque comen o que poden, e móvense máis por necesidade.

Ángel García Martínez

Humor gráfico e Educación Ambiental


Aquí móstrase claramente o que pasa neste mundo: preferimos esconder a realidade antes que intentar cambiala. Nesta imaxe pretenden suplantar a vista tan nefasta que hai nun edificio por outra moi fermosa, vista que hoxe en día non é fácil de atopar, xa que, entre todos, estamos acabando cos bosques. Temos que ter un pouco máis de sentido común, e pensar en cambiar os malos actos, porque senón, o mundo non durará moito.


Ángel García Martínez

viernes, 23 de marzo de 2012

Ata que punto chega a indiferenza do home por o medio ambiente?

Esta imaxe foi sacada no Parque Natural do Invernadoiro, hai aproximadamente un ano, a mediados do mes de Marzo do 2011. Por aqueles días estabamos de excursión neste mesmo lugar coa materia de Ciencias Experimentais I. Durante un dos nosos paseos polo parque atopámonos, como ben se pode ver na imaxe, cunha botella de cristal no chan, á beira do camiño. a elección desta foto ten un motivo moi sinxelo: isto para min representa a gota que enche o vaso no que a indiferenza polo medio ambiente se refire. Creo que o que máis e o que menos atopamos máis dunha vez lixo no monte. O que para min xa resulta excesivo é que haxa lixo nun parque natural, nunha zoa protexida, porque inda que so sexa unha botella isto pode desencadear terribles consecuencias. Un pequeno raio de sol provocaría un incendio que destruiría milleiros de hectáreas de vida natural, máis dun centenar de especies, moitas delas en perigo de extinción probablemente. Non creo que fagan falta moitas palabras para entender o que esta imaxe significa, o feito de que alguén deixase, nun parque natural, unha botella de vidro...

Ana Bóo Pérez

 Onte, 22 de marzo, celebrouse o día Mundial da Auga. Creo que todos debemos reflexionar sobre a importancia que ten este recurso nas nosas vidas.  Por elo temos que ser responsables co seu uso e non desperdiciala xa que temos a sorte de poder contar con ela diariamente. Por desgraza, a cantidade de auga en océanos e mares están diminuíndo a gran velocidade pero aínda non é demasiado tarde para recapacitar e cambiar os nosos hábitos; e debemos facelo se non queremos que se esgote. A auga é imprescindible para a vida de todos os seres vivos.
Cuidémola!
                                                                                                         Yasmina Conde Nóvoa

martes, 28 de febrero de 2012

Decrecemento

A "brilantez" das palabras deste home, segundo o meu punto de vista, non reside no seu coñecemento, que non é pouco, se non na súa capacidade para ver a realidade e expresala tal e como é. Ó longo da súa conferencia fala de que os políticos agochan a realidade, camuflando os problemas orixe con outros paralelos, botando o lixo por debaixo da alfombra, cubrindo cun veo os ollos de todos nos. A maior parte dos homes e mulleres do planeta vivimos como o home que fala co pescador da metáfora: traballando máis, para conseguir máis, para ter máis, máis, máis,máis...e todo co obxectivo final de....que? Creo que nin sequera nos mesmos sabemos porque facemos o que facemos, e isto esínanolo o profesor Carlos Taibo na súa conferencia.

Todo o que este home nos conta é a realidade, é un día a día que inda que co tempo se fai máis claro, non é máis evidente para nos. Non se trata de frear o consumo e a produción dun xeito radical, se non de minorar estes procesos.

Desgraciadamente ó mundo non lle chegan unhas cantas palabras para cambiar, necesita a palabra de todos e cada un de nós, e en primeiro lugar, dos políticos. Non podería estar máis de cordo en que a orixe de todo isto é o capitalismo, que en vez de retroceder ante a inminente falta de recursos, avanza a pasos cada vez máis axigantados disfrazado de solución ante os problemas do mundo. As grandes empresas, os políticos, os ricos, as altas clases, convéncennos de que con "máis" somos "máis", cando os únicos que medran así, en felicidade, riqueza, benestar, son eles, ata que, algún día, lles estoupe na cara, porque o problema de quenes xogan co lume é que acaban por queimarse. O problema é que se os demais non reaccionamos, non so se queimarán eles, se non que nos queimarán a todos, e ó planeta con nós.
Ana Bóo Pérez

lunes, 27 de febrero de 2012

Decrecimiento

Recomiendo a todo el mundo escuchar al profesor Carlos Taibo. Su forma de expresarse y de hacer fácil lo complicado es magnífica. La verdad hay cosas que pueden resultar complicadas de entender (quizás sea por la calidad del audio) pero al escuchar sus ejemplos y sus metáforas todo aparece simple y te hace ver que la realidad es muy dura. Como dice él, por mucho que reduzcamos la velocidad del barco si no cambiamos el rumbo el acantilado va estar ahí igual. También está muy bien el ejemplo del pescador cubano que lo único que quiere es trabajar lo justo para ser feliz y no trabajar por trabajar para tener más.

La verdad es que escuchar cosas de esa forma tan clara hace sentir mal a uno, porque todos somos culpables, en mayor o menor medida. Ojalá el pensamiento de la gente cambie, que pueda retroceder un poco hacia atrás.

Por otro lado, creo que las metáforas que uso este profesor son muy buenas para exponer ante niños/as de primaria para que estén al tanto de cómo está la crisis ambiental (no sólo económica) para que la imagen que se ilustra en este comentario no se haga realidad…


Andrea Darrosa López

Decrecemento

Persoalmente penso que o profesor Carlos Taibo ten moita razon. Estou de acordo en que todos, nos paises desarrollados, consumimos mais do que necesitamos, moito mais, é que os que “axudan” a que isto sexa asi son a publicidade, o credito e a caducidade. Penso que a publicidade influe moito, xa que moitas veces vemos anuncios e, aínda que non precisemos para nada as cousas que anuncian, creanos a necesidade de mercalas. O credito fai que teñamos poder adquisitivo para mercar esas cousas non necesitamos e que a publicidade incitounos a mercar. Por ultimo, a caducidade obriganos a deshacernos das cousas que mercamos para volver a mercar outras novas, aínda que as primeiras sigan valendonos perfectamente. Estas son as tres ferramentas das que se vale o sistema capitalista para facer que o consumo aumente cada vez mais. Penso que para que o consumo sexa menor, quizais o que deberiamos de facer es por en orden as nosas prioridades e os nosos valores.

O tema das enerxias renovables eu o vexo ben, xa que con estas enerxias non esgotamos os recursos do noso planeta. E certo que con este tipo de enerxias existe certa contaminación visual, pero creo que é o mal menor, e de momento creo que seria a mellor aposta que podemos facer.

Temos que concienciarnos de que temos que coidar o noso planeta, e deixar aos nosos descendentes o mundo que a nos gustaria que nos deixasen e que eles merecen ter.

Pablo Fernandez-Castro Cal

martes, 21 de febrero de 2012

Decrecemento

Penso que as catro metáforas que se usan no vídeo para explicar o que se pon en práctica para intentar solucionar a crise ambiental son acertadísimas (ademais de outros exemplos sobre o esgotamento dos recursos), sobre todo a metáfora de reducir a velocidade do barco pero non o rumbo. Dan unha imaxe bastante clara sobre a actuación dos nosos dirixentes con respecto a este tema.
No vídeo ponse de manifesto, cando se fala do decrecemento, que os intereses das grandes empresas e persoas con cargos importantes ligadas a elas están sempre por encima do resto da poboación, cousa que tamén se demostra ao falar do proxecto do AVE. Entón fágome unha pregunta: ¿de verdade que por moito que o resto de cidadáns nos organicemos dunha maneira eficaz e lles fagamos fronte a esas empresas e aos nosos dirixentes vai facer posible que se resolva a crise ambiental e prime a nosa concienciación para solucionala? Ou dito de outro xeito, ¿poden gotas de auga, por moitas que sexan, enfrontarse a un inmenso mar? Pode ser que a resposta sexa si, pero penso que cando isto sexa posible, xa será tarde e non haberá nada que solucionar e será un problema irreversible.
Con todo, penso que merece a pena seguir adiante para cambiar a situación actual na que vivimos e de poñernos a reflexionar seriamente sobre o uso desmesurado dos recursos dos que dispoñemos para optar por solucións para que no se esgoten e poidan ser usados tamén, dun xeito responsable, polos nosos descendentes.
Diego González Blanco

Cómic



                                                                  Yasmina Conde Nóvoa

Decrecemento


Temos que ser conscientes de que os recursos do planeta son limitados e polo tanto hai que utilizalos con responsabilidade. Sen embargo, non comparto a idea de que o capitalismo sexa o culpable do que está sucedendo. Pode haber un sistema económico determinado pero as persoas somos as que temos nas nosas mans o como actuar.
Traballamos para obter máis diñeiro e comprar, pero isto non nos da a felicidade. Igual que na anécdota do pescador, ter máis tempo libre creo que nos faría disfrutar máis da vida.
Outro punto a comentar é o das enerxías renovables. Non estoy tan segura de que a solución sexa apostar ao 100% por elas, xa que como todos sabemos,  o impacto ambiental que provoca instalar molinos de vento ou xeradores de electricidade no medio do mar, non creo que isto axude a preservar  as nosas paisaxes.
E por último, penso que debemos reflexionar sobre como queremos deixar o planeta ás futuras xeracións. A nosa pegada ecolóxica cada vez é maior e estamos gastando recursos que xa non disporán deles no futuro e por iso o consumo debe ser responsable. A sobrepoblación tamén é un problema, pero qué solución se propón? Ás veces é moi doado encontrar o problema pero qué se pode facer agora ante iso?
Necesítase un cambio se queremos conservar o medio ambiente e para elo  sería necesario a concienciación, cooperación e colaboración de governos, empresas e cidadáns para que éste sexa o máis eficaz posible.
                                                                                                    Yasmina Conde Nóvoa

viernes, 3 de febrero de 2012

Humor gráfico e Educación Ambiental

Esta irónica imaxe mostra o día a día do noso planeta. Un continuo traballo de fábricas que non paran de expulsar gases tóxicos, e constructoras que non paran de edificar sen ton nin son. Esto é, por desgraza, o día a día; e como di o cartel da entrada, "seguimos construindo a destrucción do futuro", o único que estamos facendo é abusar da nosa natureza e do que ela nos proporciona, que é a vida. Parece que en vez de prosperar, pola contra, o único que buscamos é a nosa propia destrucción. Esta actividade tan desmesurada non nos vai proporcionar nada bo e debemos loitar por que esta situación desapareza.


Andrea Darrosa López

Humor gráfico e Educación Ambiental

Esta imaxe, que a primeria vista parece un simple debuxo, pode levarnos a reflexionar sobre a influencia que teñen os nosos actos no planeta Terra. Vemos como varios corpos celestes están presentes no "enterro" da Terra. Pode que esto o vexamos como algo que é imposible que ocorra, pero se non facemos nada ante os continuos impactos ambientais que resultan nocivos para o noso planeta, vai chegar un punto no que a Terra xa non aguante máis e, como parece indicar a imaxe, será un corpo celeste menos no universo.

Diego González Blanco

Humor gráfico e Educacion ambiental

Esta viñeta podería ser perfectamente unha imaxe real no futuro. Co ritmo que levamos esgotando os nosos recursos é moi posible que en poucos anos o noso planeta cambie radicalmente. Coa deforestación, a desertización, o cambio climático... os nenos do futuro quizás non sepan o que é algo tan normal como é unha árbore e quizás esta viñeta convirtase nunha imaxe real. Aínda que o presentemos dunha maneira humoristica, non é ningunha broma. Temos que coidar a nosa terra, xa que se non hai terra, non hai vida.

Pablo Fernández-Castro Cal

Humor gráfico e Educación ambiental


Esta imaxe mostra unha comparación de como está o medio ambiente no ano 1886 e en 1986. A diferenza é evidente. No século XIX o estilo de vida que levaban os seres humanos é moi distinta da que levan no século XX. A contaminación aumenta cada vez máis, substituimos o carro ou coche a vapor por coches cada vez máis modernos onde o que importa é o diseño e non a cantidade de gases contaminantes que emiten. O progreso da humanidade é bo pero sempre e cando teñamos en conta o noso entorno, e non destruilo a causa de conseguir máis comodidades para nós. Esta contaminación e a tala de árbores está pondo en perigo a natureza e as nós mesmos, non debemos esquecer que os necesitamos para vivir, proporciónannos osíxeno e recursos. Non somos os donos da Terra, moitos seres vivos viven aquí desde hai moito máis tempo e nós xa cremos que podemos facer o que nos dé a gana.

                           Yasmina Conde Nóvoa

Humor gráfico e Educación ambiental

O solo é un recurso natural moi pouco recoñecido cando falamos do esgotamente de recursos. Eu mesma non me decatara disto ata fai uns días. Esta imaxe móstranos, cun toque de humor, as consecuencias dun crecemento esaxerado da poboación, e conseguinte sobreexplotación do solo, chegando a aprobeitar ata os lugares máis pequenos e a habitar outros con características desfavorables, como son as beiras dos rios ou lugares de alta perigosidade por riscos de catástrofes naturais. Debemos reflexionar sobre isto, coidar o solo e controlar este esaxerado crecemento demografíco, xa que inda que é un recurso, como digo, esquecido, tamén corre o risco de esgotarse. Esto non significa que a poboación teña que parar de medrar de forma radical, senón que este fenómeno debe apaliarse para evitar a destrucción total do solo. Ademáis esta destrucción ten numerosas consecuecias, xa que non se limíta a fin de terreo habitable, se non que coa expansión da poboación e sobreexplotación do solo estamos exterminando natureza, bosques, rios, ecosistemas enteiros que se rompen e se destruen pola acción do ser humano no que moitos simplemente entenden como progreso e crecemento das cidades, como se eso fora algo soamente positivo, sen percatarse de que con iso se está modificando constantemente a paisaxe, afastando á poboación da natureza e do risco que esta corre.

Ana Bóo Pérez