jueves, 29 de marzo de 2012

residentes incivicos


Esta foto foi tomada o dia 27/3/2012. Neste caso non tiven que ir moi lonxe para atopar una agresion ao medio que nos rodea, de feito non tiven nin que sair do meu cuarto. O que aparece na imaxen é basura, si basura que alguns incivicos residentes, por pura vagancia botan os seus residuos pola fiestra simplemente por non baixala a os contenedores que temos na porta da residencia. este xesto provoca gran malestar, xa que as formigas atopam estes residuos e na sua busqueda de mais alimento entran nos cuartos. Tamen provoca unha evidente contaminacion ambiental e esta claro que non e moi hixenico... Os responsables da residencia xa tomaron cartas no asunto, xa mandaron cartas informativas sobre a gravedade deste feito é ameaxzan con por camaras de vixilancia si o problema persiste. esperemos que non teñan que chegar a ese punto. E triste que por pura vagancia ocurran este tipo de cosas que ademais prexudicanos a todos.

Pablo Fernandez-Castro Cal

¿Por que resulta tan difícil tirar os nosos residuos nos contenedores correspondentes?

A fotografía que se pode ver neste post foi tomada o día 28 de marzo, nun dos pequenos céspedes ao lado do Edificio Facultades. Poida que pensemos que se tratan dun pequeno envoltorio de plástico e que no perxudica ao medio ambiente, pero si que o fai: está feito dun material derivado do petróleo, o cal é nocivo para a natureza, que forma parte de onde vivimos. Aínda que só sexa un envoltorio, se cada un de nós fixéramos o mesmo, serían miles de envoltorios; a pregunta que fago é: ¿gustaríanos atopar a nosa casa chea de envoltorios por todas partes? Claramente, a resposta é non, e o mesmo deberiamos de sentir cara a natureza. ¿Tan difícil resulta verter a basura nos contenedores apropiados para iso? Eu penso que non, que só é cuestión de concienciarse de que é un xesto a favor da natureza.

Diego González Blanco

O cotián non significa que estea ben

Esta foto foi sacada o 15 de marzo de este ano, no barrio da Ponte, cando ía camiño da Universidade. Igual ca ésta, hai moitísimos casos pola cidade. Pero as pintadas son algo moi habitual e a xente non lle da importancia. A verdade é que isto é tamén contaminación visual, xa que modifica a estética da zona e transmite unha imaxe de tristeza e sucidade. Non hai tanto tempo que se construiu este pequeno espazo cos bancos e a mesa, e as poucas semanas de rematalo xa tiña algunas pintadas na mesa. Isto faime pensar que as accións e os comportamentos das persoas teñen moito que ver coa educación que se recibe. Os profesores poden, e deben, mediante a educación ambiental nas aulas, concienciar e facer reflexionar aos alumnos, de forma que no futuro verán mal esta clase de cousas e tampouco as farán.

                                                                                            Yasmina Conde Nóvoa

martes, 27 de marzo de 2012

Os animais e os recursos


Vídeo realizado por Pablo Fernández-Castro Cal, Ángel García Martínez e Diego González Blanco

Noticia sobre o esgotamento e destrución de recursos

Ángel García Martínez

Decrecemento


As palabras de Carlos Taibo son realmente acertadas para pensar no que está pasando no mundo, no que estamos facendo, maioritariamente, os nosos gobernantes, xa que nós, en moitas, senón todas, decisións importantes non podemos participar.
Houbo dúas anécdotas que me gustaron moito: a primeira é a do pescador que traballaba pouco e gozaba co que tiña, e a segunda é a dos misioneiros que se atoparon cunha tribo que se dedicaba a cortar leña. Estas dúas anécdotas podemos resumilas nunha frase: non é máis feliz o que máis ten, senón o que menos precisa.
Unha frase que comentou, e pode ser unha especie de resumo, é a seguinte: podemos vivir mellor con menos. Aínda que temos dúas causas que nos axudan a non pensar niso: a publicidade e a caducidade. A primeira invita a adquirir bens que a maioría das veces non necesitamos, e a segunda fai que eses bens deixen de servir nun período de tempo, facendo así que teñamos que conseguir uns novos.
Tamén me gustaría comentar una frase que dixo: a pobreza ten secuelas favorables, en termos saudábeis. Non dunha maneira consciente, porque comen o que poden, e móvense máis por necesidade.

Ángel García Martínez

Humor gráfico e Educación Ambiental


Aquí móstrase claramente o que pasa neste mundo: preferimos esconder a realidade antes que intentar cambiala. Nesta imaxe pretenden suplantar a vista tan nefasta que hai nun edificio por outra moi fermosa, vista que hoxe en día non é fácil de atopar, xa que, entre todos, estamos acabando cos bosques. Temos que ter un pouco máis de sentido común, e pensar en cambiar os malos actos, porque senón, o mundo non durará moito.


Ángel García Martínez

viernes, 23 de marzo de 2012

Ata que punto chega a indiferenza do home por o medio ambiente?

Esta imaxe foi sacada no Parque Natural do Invernadoiro, hai aproximadamente un ano, a mediados do mes de Marzo do 2011. Por aqueles días estabamos de excursión neste mesmo lugar coa materia de Ciencias Experimentais I. Durante un dos nosos paseos polo parque atopámonos, como ben se pode ver na imaxe, cunha botella de cristal no chan, á beira do camiño. a elección desta foto ten un motivo moi sinxelo: isto para min representa a gota que enche o vaso no que a indiferenza polo medio ambiente se refire. Creo que o que máis e o que menos atopamos máis dunha vez lixo no monte. O que para min xa resulta excesivo é que haxa lixo nun parque natural, nunha zoa protexida, porque inda que so sexa unha botella isto pode desencadear terribles consecuencias. Un pequeno raio de sol provocaría un incendio que destruiría milleiros de hectáreas de vida natural, máis dun centenar de especies, moitas delas en perigo de extinción probablemente. Non creo que fagan falta moitas palabras para entender o que esta imaxe significa, o feito de que alguén deixase, nun parque natural, unha botella de vidro...

Ana Bóo Pérez

 Onte, 22 de marzo, celebrouse o día Mundial da Auga. Creo que todos debemos reflexionar sobre a importancia que ten este recurso nas nosas vidas.  Por elo temos que ser responsables co seu uso e non desperdiciala xa que temos a sorte de poder contar con ela diariamente. Por desgraza, a cantidade de auga en océanos e mares están diminuíndo a gran velocidade pero aínda non é demasiado tarde para recapacitar e cambiar os nosos hábitos; e debemos facelo se non queremos que se esgote. A auga é imprescindible para a vida de todos os seres vivos.
Cuidémola!
                                                                                                         Yasmina Conde Nóvoa