
O solo é un recurso natural moi pouco recoñecido cando falamos do esgotamente de recursos. Eu mesma non me decatara disto ata fai uns días. Esta imaxe móstranos, cun toque de humor, as consecuencias dun crecemento esaxerado da poboación, e conseguinte sobreexplotación do solo, chegando a aprobeitar ata os lugares máis pequenos e a habitar outros con características desfavorables, como son as beiras dos rios ou lugares de alta perigosidade por riscos de catástrofes naturais. Debemos reflexionar sobre isto, coidar o solo e controlar este esaxerado crecemento demografíco, xa que inda que é un recurso, como digo, esquecido, tamén corre o risco de esgotarse. Esto non significa que a poboación teña que parar de medrar de forma radical, senón que este fenómeno debe apaliarse para evitar a destrucción total do solo. Ademáis esta destrucción ten numerosas consecuecias, xa que non se limíta a fin de terreo habitable, se non que coa expansión da poboación e sobreexplotación do solo estamos exterminando natureza, bosques, rios, ecosistemas enteiros que se rompen e se destruen pola acción do ser humano no que moitos simplemente entenden como progreso e crecemento das cidades, como se eso fora algo soamente positivo, sen percatarse de que con iso se está modificando constantemente a paisaxe, afastando á poboación da natureza e do risco que esta corre.
Ana Bóo Pérez