viernes, 3 de febrero de 2012

Humor gráfico e Educación ambiental


Esta imaxe mostra unha comparación de como está o medio ambiente no ano 1886 e en 1986. A diferenza é evidente. No século XIX o estilo de vida que levaban os seres humanos é moi distinta da que levan no século XX. A contaminación aumenta cada vez máis, substituimos o carro ou coche a vapor por coches cada vez máis modernos onde o que importa é o diseño e non a cantidade de gases contaminantes que emiten. O progreso da humanidade é bo pero sempre e cando teñamos en conta o noso entorno, e non destruilo a causa de conseguir máis comodidades para nós. Esta contaminación e a tala de árbores está pondo en perigo a natureza e as nós mesmos, non debemos esquecer que os necesitamos para vivir, proporciónannos osíxeno e recursos. Non somos os donos da Terra, moitos seres vivos viven aquí desde hai moito máis tempo e nós xa cremos que podemos facer o que nos dé a gana.

                           Yasmina Conde Nóvoa

2 comentarios:

  1. Faltaría comentar que en el siglo XXI estamos peor que en el siglo XX.
    Porque nuestros intereses siempre están por encima de todo y creemos que por tener un uso de razón siempre tenemos el poder.
    Pero eso no es así porque la realidad es que cada uno de nosotros depende no solo de nosotros mismos sino de la interacción del medio el cual, está perjudicando.

    ResponderEliminar
  2. Como sempre o interés económico é o que guía a maioría das accións do ser humano. A evolución dos coches era necesaria, pois a forma de vida cambia e necesitamos novos avances. Creo que neste campo xa se está traballando e hoxe xa se conta con automóbiles e autobuses menos contaminantes. É certo que se podería incrementar o seu número na rúa pero creo que se vai avanzando pouco a pouco. Algúns investigadores están investigando e probando automóbiles eléctricos,quen sabe se algún día os automóbiles actuais non sexan máis ca un recordo

    ResponderEliminar