Mostrando entradas con la etiqueta Decrecemento. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Decrecemento. Mostrar todas las entradas

martes, 27 de marzo de 2012

Decrecemento


As palabras de Carlos Taibo son realmente acertadas para pensar no que está pasando no mundo, no que estamos facendo, maioritariamente, os nosos gobernantes, xa que nós, en moitas, senón todas, decisións importantes non podemos participar.
Houbo dúas anécdotas que me gustaron moito: a primeira é a do pescador que traballaba pouco e gozaba co que tiña, e a segunda é a dos misioneiros que se atoparon cunha tribo que se dedicaba a cortar leña. Estas dúas anécdotas podemos resumilas nunha frase: non é máis feliz o que máis ten, senón o que menos precisa.
Unha frase que comentou, e pode ser unha especie de resumo, é a seguinte: podemos vivir mellor con menos. Aínda que temos dúas causas que nos axudan a non pensar niso: a publicidade e a caducidade. A primeira invita a adquirir bens que a maioría das veces non necesitamos, e a segunda fai que eses bens deixen de servir nun período de tempo, facendo así que teñamos que conseguir uns novos.
Tamén me gustaría comentar una frase que dixo: a pobreza ten secuelas favorables, en termos saudábeis. Non dunha maneira consciente, porque comen o que poden, e móvense máis por necesidade.

Ángel García Martínez

martes, 28 de febrero de 2012

Decrecemento

A "brilantez" das palabras deste home, segundo o meu punto de vista, non reside no seu coñecemento, que non é pouco, se non na súa capacidade para ver a realidade e expresala tal e como é. Ó longo da súa conferencia fala de que os políticos agochan a realidade, camuflando os problemas orixe con outros paralelos, botando o lixo por debaixo da alfombra, cubrindo cun veo os ollos de todos nos. A maior parte dos homes e mulleres do planeta vivimos como o home que fala co pescador da metáfora: traballando máis, para conseguir máis, para ter máis, máis, máis,máis...e todo co obxectivo final de....que? Creo que nin sequera nos mesmos sabemos porque facemos o que facemos, e isto esínanolo o profesor Carlos Taibo na súa conferencia.

Todo o que este home nos conta é a realidade, é un día a día que inda que co tempo se fai máis claro, non é máis evidente para nos. Non se trata de frear o consumo e a produción dun xeito radical, se non de minorar estes procesos.

Desgraciadamente ó mundo non lle chegan unhas cantas palabras para cambiar, necesita a palabra de todos e cada un de nós, e en primeiro lugar, dos políticos. Non podería estar máis de cordo en que a orixe de todo isto é o capitalismo, que en vez de retroceder ante a inminente falta de recursos, avanza a pasos cada vez máis axigantados disfrazado de solución ante os problemas do mundo. As grandes empresas, os políticos, os ricos, as altas clases, convéncennos de que con "máis" somos "máis", cando os únicos que medran así, en felicidade, riqueza, benestar, son eles, ata que, algún día, lles estoupe na cara, porque o problema de quenes xogan co lume é que acaban por queimarse. O problema é que se os demais non reaccionamos, non so se queimarán eles, se non que nos queimarán a todos, e ó planeta con nós.
Ana Bóo Pérez

lunes, 27 de febrero de 2012

Decrecimiento

Recomiendo a todo el mundo escuchar al profesor Carlos Taibo. Su forma de expresarse y de hacer fácil lo complicado es magnífica. La verdad hay cosas que pueden resultar complicadas de entender (quizás sea por la calidad del audio) pero al escuchar sus ejemplos y sus metáforas todo aparece simple y te hace ver que la realidad es muy dura. Como dice él, por mucho que reduzcamos la velocidad del barco si no cambiamos el rumbo el acantilado va estar ahí igual. También está muy bien el ejemplo del pescador cubano que lo único que quiere es trabajar lo justo para ser feliz y no trabajar por trabajar para tener más.

La verdad es que escuchar cosas de esa forma tan clara hace sentir mal a uno, porque todos somos culpables, en mayor o menor medida. Ojalá el pensamiento de la gente cambie, que pueda retroceder un poco hacia atrás.

Por otro lado, creo que las metáforas que uso este profesor son muy buenas para exponer ante niños/as de primaria para que estén al tanto de cómo está la crisis ambiental (no sólo económica) para que la imagen que se ilustra en este comentario no se haga realidad…


Andrea Darrosa López

Decrecemento

Persoalmente penso que o profesor Carlos Taibo ten moita razon. Estou de acordo en que todos, nos paises desarrollados, consumimos mais do que necesitamos, moito mais, é que os que “axudan” a que isto sexa asi son a publicidade, o credito e a caducidade. Penso que a publicidade influe moito, xa que moitas veces vemos anuncios e, aínda que non precisemos para nada as cousas que anuncian, creanos a necesidade de mercalas. O credito fai que teñamos poder adquisitivo para mercar esas cousas non necesitamos e que a publicidade incitounos a mercar. Por ultimo, a caducidade obriganos a deshacernos das cousas que mercamos para volver a mercar outras novas, aínda que as primeiras sigan valendonos perfectamente. Estas son as tres ferramentas das que se vale o sistema capitalista para facer que o consumo aumente cada vez mais. Penso que para que o consumo sexa menor, quizais o que deberiamos de facer es por en orden as nosas prioridades e os nosos valores.

O tema das enerxias renovables eu o vexo ben, xa que con estas enerxias non esgotamos os recursos do noso planeta. E certo que con este tipo de enerxias existe certa contaminación visual, pero creo que é o mal menor, e de momento creo que seria a mellor aposta que podemos facer.

Temos que concienciarnos de que temos que coidar o noso planeta, e deixar aos nosos descendentes o mundo que a nos gustaria que nos deixasen e que eles merecen ter.

Pablo Fernandez-Castro Cal

martes, 21 de febrero de 2012

Decrecemento

Penso que as catro metáforas que se usan no vídeo para explicar o que se pon en práctica para intentar solucionar a crise ambiental son acertadísimas (ademais de outros exemplos sobre o esgotamento dos recursos), sobre todo a metáfora de reducir a velocidade do barco pero non o rumbo. Dan unha imaxe bastante clara sobre a actuación dos nosos dirixentes con respecto a este tema.
No vídeo ponse de manifesto, cando se fala do decrecemento, que os intereses das grandes empresas e persoas con cargos importantes ligadas a elas están sempre por encima do resto da poboación, cousa que tamén se demostra ao falar do proxecto do AVE. Entón fágome unha pregunta: ¿de verdade que por moito que o resto de cidadáns nos organicemos dunha maneira eficaz e lles fagamos fronte a esas empresas e aos nosos dirixentes vai facer posible que se resolva a crise ambiental e prime a nosa concienciación para solucionala? Ou dito de outro xeito, ¿poden gotas de auga, por moitas que sexan, enfrontarse a un inmenso mar? Pode ser que a resposta sexa si, pero penso que cando isto sexa posible, xa será tarde e non haberá nada que solucionar e será un problema irreversible.
Con todo, penso que merece a pena seguir adiante para cambiar a situación actual na que vivimos e de poñernos a reflexionar seriamente sobre o uso desmesurado dos recursos dos que dispoñemos para optar por solucións para que no se esgoten e poidan ser usados tamén, dun xeito responsable, polos nosos descendentes.
Diego González Blanco

Decrecemento


Temos que ser conscientes de que os recursos do planeta son limitados e polo tanto hai que utilizalos con responsabilidade. Sen embargo, non comparto a idea de que o capitalismo sexa o culpable do que está sucedendo. Pode haber un sistema económico determinado pero as persoas somos as que temos nas nosas mans o como actuar.
Traballamos para obter máis diñeiro e comprar, pero isto non nos da a felicidade. Igual que na anécdota do pescador, ter máis tempo libre creo que nos faría disfrutar máis da vida.
Outro punto a comentar é o das enerxías renovables. Non estoy tan segura de que a solución sexa apostar ao 100% por elas, xa que como todos sabemos,  o impacto ambiental que provoca instalar molinos de vento ou xeradores de electricidade no medio do mar, non creo que isto axude a preservar  as nosas paisaxes.
E por último, penso que debemos reflexionar sobre como queremos deixar o planeta ás futuras xeracións. A nosa pegada ecolóxica cada vez é maior e estamos gastando recursos que xa non disporán deles no futuro e por iso o consumo debe ser responsable. A sobrepoblación tamén é un problema, pero qué solución se propón? Ás veces é moi doado encontrar o problema pero qué se pode facer agora ante iso?
Necesítase un cambio se queremos conservar o medio ambiente e para elo  sería necesario a concienciación, cooperación e colaboración de governos, empresas e cidadáns para que éste sexa o máis eficaz posible.
                                                                                                    Yasmina Conde Nóvoa