Temos que ser
conscientes de que os recursos do planeta son limitados e polo tanto hai que
utilizalos con responsabilidade. Sen embargo, non comparto a idea de que o
capitalismo sexa o culpable do que está sucedendo. Pode haber un sistema
económico determinado pero as persoas somos as que temos nas nosas mans o como
actuar.
Traballamos para
obter máis diñeiro e comprar, pero isto non nos da a felicidade. Igual que na
anécdota do pescador, ter máis tempo libre creo que nos faría disfrutar máis da
vida.
Outro punto a comentar é o das enerxías renovables. Non estoy tan segura de que a solución sexa
apostar ao 100% por elas, xa que como todos sabemos, o impacto ambiental que provoca instalar
molinos de vento ou xeradores de electricidade no medio do mar, non creo que isto axude
a preservar as nosas paisaxes.
E por último, penso que debemos reflexionar sobre como queremos deixar o planeta ás futuras
xeracións. A nosa pegada ecolóxica cada vez é maior e estamos gastando recursos
que xa non disporán deles no futuro e por iso o consumo debe ser responsable. A
sobrepoblación tamén é un problema, pero qué solución se propón? Ás veces é moi
doado encontrar o problema pero qué se pode facer agora ante iso?
Necesítase un
cambio se queremos conservar o medio ambiente e para elo sería necesario a concienciación, cooperación
e colaboración de governos, empresas e cidadáns para que éste sexa o máis
eficaz posible.
Yasmina Conde Nóvoa
Yasmina Conde Nóvoa
No hay comentarios:
Publicar un comentario