Penso que as catro metáforas que se usan no vídeo para explicar o que se pon en práctica para intentar solucionar a crise ambiental son acertadísimas (ademais de outros exemplos sobre o esgotamento dos recursos), sobre todo a metáfora de reducir a velocidade do barco pero non o rumbo. Dan unha imaxe bastante clara sobre a actuación dos nosos dirixentes con respecto a este tema.
No vídeo ponse de manifesto, cando se fala do decrecemento, que os intereses das grandes empresas e persoas con cargos importantes ligadas a elas están sempre por encima do resto da poboación, cousa que tamén se demostra ao falar do proxecto do AVE. Entón fágome unha pregunta: ¿de verdade que por moito que o resto de cidadáns nos organicemos dunha maneira eficaz e lles fagamos fronte a esas empresas e aos nosos dirixentes vai facer posible que se resolva a crise ambiental e prime a nosa concienciación para solucionala? Ou dito de outro xeito, ¿poden gotas de auga, por moitas que sexan, enfrontarse a un inmenso mar? Pode ser que a resposta sexa si, pero penso que cando isto sexa posible, xa será tarde e non haberá nada que solucionar e será un problema irreversible.
Con todo, penso que merece a pena seguir adiante para cambiar a situación actual na que vivimos e de poñernos a reflexionar seriamente sobre o uso desmesurado dos recursos dos que dispoñemos para optar por solucións para que no se esgoten e poidan ser usados tamén, dun xeito responsable, polos nosos descendentes.
Diego González Blanco
Estoy de acuerdo tanto con tu pregunta como con tu respuesta. Es posible que se realice y que luchemos pero lo haremos , desgraciadamente, cuando asumamos unas consecuencias nefasta al final de nuestra vida y que se prolongará en nuestros descendientes. Porque aunque nos juntemos y luchemos siempre hay una voz o conciencia social que declina las buenas acciones que estamos realizando...
ResponderEliminar