lunes, 27 de febrero de 2012

Decrecemento

Persoalmente penso que o profesor Carlos Taibo ten moita razon. Estou de acordo en que todos, nos paises desarrollados, consumimos mais do que necesitamos, moito mais, é que os que “axudan” a que isto sexa asi son a publicidade, o credito e a caducidade. Penso que a publicidade influe moito, xa que moitas veces vemos anuncios e, aínda que non precisemos para nada as cousas que anuncian, creanos a necesidade de mercalas. O credito fai que teñamos poder adquisitivo para mercar esas cousas non necesitamos e que a publicidade incitounos a mercar. Por ultimo, a caducidade obriganos a deshacernos das cousas que mercamos para volver a mercar outras novas, aínda que as primeiras sigan valendonos perfectamente. Estas son as tres ferramentas das que se vale o sistema capitalista para facer que o consumo aumente cada vez mais. Penso que para que o consumo sexa menor, quizais o que deberiamos de facer es por en orden as nosas prioridades e os nosos valores.

O tema das enerxias renovables eu o vexo ben, xa que con estas enerxias non esgotamos os recursos do noso planeta. E certo que con este tipo de enerxias existe certa contaminación visual, pero creo que é o mal menor, e de momento creo que seria a mellor aposta que podemos facer.

Temos que concienciarnos de que temos que coidar o noso planeta, e deixar aos nosos descendentes o mundo que a nos gustaria que nos deixasen e que eles merecen ter.

Pablo Fernandez-Castro Cal

No hay comentarios:

Publicar un comentario