A "brilantez" das palabras deste home, segundo o meu punto de vista, non reside no seu coñecemento, que non é pouco, se non na súa capacidade para ver a realidade e expresala tal e como é. Ó longo da súa conferencia fala de que os políticos agochan a realidade, camuflando os problemas orixe con outros paralelos, botando o lixo por debaixo da alfombra, cubrindo cun veo os ollos de todos nos. A maior parte dos homes e mulleres do planeta vivimos como o home que fala co pescador da metáfora: traballando máis, para conseguir máis, para ter máis, máis, máis,máis...e todo co obxectivo final de....que? Creo que nin sequera nos mesmos sabemos porque facemos o que facemos, e isto esínanolo o profesor Carlos Taibo na súa conferencia.
Todo o que este home nos conta é a realidade, é un día a día que inda que co tempo se fai máis claro, non é máis evidente para nos. Non se trata de frear o consumo e a produción dun xeito radical, se non de minorar estes procesos.
Desgraciadamente ó mundo non lle chegan unhas cantas palabras para cambiar, necesita a palabra de todos e cada un de nós, e en primeiro lugar, dos políticos. Non podería estar máis de cordo en que a orixe de todo isto é o capitalismo, que en vez de retroceder ante a inminente falta de recursos, avanza a pasos cada vez máis axigantados disfrazado de solución ante os problemas do mundo. As grandes empresas, os políticos, os ricos, as altas clases, convéncennos de que con "máis" somos "máis", cando os únicos que medran así, en felicidade, riqueza, benestar, son eles, ata que, algún día, lles estoupe na cara, porque o problema de quenes xogan co lume é que acaban por queimarse. O problema é que se os demais non reaccionamos, non so se queimarán eles, se non que nos queimarán a todos, e ó planeta con nós.

Ana Bóo Pérez
No hay comentarios:
Publicar un comentario