martes, 27 de marzo de 2012

Decrecemento


As palabras de Carlos Taibo son realmente acertadas para pensar no que está pasando no mundo, no que estamos facendo, maioritariamente, os nosos gobernantes, xa que nós, en moitas, senón todas, decisións importantes non podemos participar.
Houbo dúas anécdotas que me gustaron moito: a primeira é a do pescador que traballaba pouco e gozaba co que tiña, e a segunda é a dos misioneiros que se atoparon cunha tribo que se dedicaba a cortar leña. Estas dúas anécdotas podemos resumilas nunha frase: non é máis feliz o que máis ten, senón o que menos precisa.
Unha frase que comentou, e pode ser unha especie de resumo, é a seguinte: podemos vivir mellor con menos. Aínda que temos dúas causas que nos axudan a non pensar niso: a publicidade e a caducidade. A primeira invita a adquirir bens que a maioría das veces non necesitamos, e a segunda fai que eses bens deixen de servir nun período de tempo, facendo así que teñamos que conseguir uns novos.
Tamén me gustaría comentar una frase que dixo: a pobreza ten secuelas favorables, en termos saudábeis. Non dunha maneira consciente, porque comen o que poden, e móvense máis por necesidade.

Ángel García Martínez

No hay comentarios:

Publicar un comentario