Esta foto foi sacada o 15 de marzo de este ano, no barrio da Ponte, cando ía camiño da Universidade. Igual ca ésta, hai moitísimos casos pola cidade. Pero as pintadas son algo moi habitual e a xente non lle da importancia. A verdade é que isto é tamén contaminación visual, xa que modifica a estética da zona e transmite unha imaxe de tristeza e sucidade. Non hai tanto tempo que se construiu este pequeno espazo cos bancos e a mesa, e as poucas semanas de rematalo xa tiña algunas pintadas na mesa. Isto faime pensar que as accións e os comportamentos das persoas teñen moito que ver coa educación que se recibe. Os profesores poden, e deben, mediante a educación ambiental nas aulas, concienciar e facer reflexionar aos alumnos, de forma que no futuro verán mal esta clase de cousas e tampouco as farán.
Yasmina Conde Nóvoa
No hay comentarios:
Publicar un comentario