Esta imaxe foi sacada no Parque Natural do Invernadoiro, hai aproximadamente un ano, a mediados do mes de Marzo do 2011. Por aqueles días estabamos de excursión neste mesmo lugar coa materia de Ciencias Experimentais I. Durante un dos nosos paseos polo parque atopámonos, como ben se pode ver na imaxe, cunha botella de cristal no chan, á beira do camiño. a elección desta foto ten un motivo moi sinxelo: isto para min representa a gota que enche o vaso no que a indiferenza polo medio ambiente se refire. Creo que o que máis e o que menos atopamos máis dunha vez lixo no monte. O que para min xa resulta excesivo é que haxa lixo nun parque natural, nunha zoa protexida, porque inda que so sexa unha botella isto pode desencadear terribles consecuencias. Un pequeno raio de sol provocaría un incendio que destruiría milleiros de hectáreas de vida natural, máis dun centenar de especies, moitas delas en perigo de extinción probablemente. Non creo que fagan falta moitas palabras para entender o que esta imaxe significa, o feito de que alguén deixase, nun parque natural, unha botella de vidro...
Ana Bóo Pérez
No hay comentarios:
Publicar un comentario