Todo o que este home nos conta é a realidade, é un día a día que inda que co tempo se fai máis claro, non é máis evidente para nos. Non se trata de frear o consumo e a produción dun xeito radical, se non de minorar estes procesos.
Desgraciadamente ó mundo non lle chegan unhas cantas palabras para cambiar, necesita a palabra de todos e cada un de nós, e en primeiro lugar, dos políticos. Non podería estar máis de cordo en que a orixe de todo isto é o capitalismo, que en vez de retroceder ante a inminente falta de recursos, avanza a pasos cada vez máis axigantados disfrazado de solución ante os problemas do mundo. As grandes empresas, os políticos, os ricos, as altas clases, convéncennos de que con "máis" somos "máis", cando os únicos que medran así, en felicidade, riqueza, benestar, son eles, ata que, algún día, lles estoupe na cara, porque o problema de quenes xogan co lume é que acaban por queimarse. O problema é que se os demais non reaccionamos, non so se queimarán eles, se non que nos queimarán a todos, e ó planeta con nós.